Webinar
Automatización dos procesos de xestión de accesos con SAP GRC
- 27/11/2020 - 12:00h
- Automatización dos procesos de xestión de accesos con SAP GRC
- 27/11/2020 - 12:00h
-
Para axudar ás empresas na misión de definir as accións necesarias para evitar posibles riscos e fugas de información que conlevarán perdas millonarias, o software de xestión de riscos e cumprimento normativo (GRC), fornece información en tempo real sobre a situación de risco nos accesos, automatiza os procesos e integra o cumprimento normativo na estratexia, planificación e execución global da compañía.
Como ben sabedes, cada vez é máis necesario obter eficiencias nos procesos da nosa organización debido aos retos que se nos presentan nun futuro cada vez máis dixitalizado e máis exposto a riscos relacionados coa seguridade da información.
A xestión de accesos e riscos en SAP non debe ser unha excepción. Inprosec como partner de SAP e especialista en seguridade SAP e SAP GRC explicará que beneficios se poden obter a través do uso da ferramenta SAP GRC Access Control e os seus catro módulos (ARA, ARM, EAM e BRM). Ademais realizarase unha demo de como funciona a última versión de SAP GRC AC (V-12) e que melloras introduce respecto versións anteriores. Este é un punto para ter en conta porque a versión anterior (10.1) deixa de ter soporte a finais de 2020.