Como enfrontar unha entrevista de traballo en tempos de COVID-19
26/11/2020 - 11:00h
Son cada vez máis as empresas que optan por coñecer aos posibles aspirantes a un posto de traballo de forma virtual, pero esta práctica incrementouse cada vez máis debido á pandemia do coronavirus.
Coñecer cales son as dinámicas que se están levando a cabo durante as entrevistas e saber adaptar o noso currículo a esta nova realidade son dúas das claves que debemos ter en conta para afrontar con éxito unha entrevista laboral.
Nesta pequena charla, a nosa experta en emprego Ángeles da Flor abordará os puntos necesarios para converternos no candidato perfecto en tempos de Covid-19.