Webinars Talentia Summit

Compartir

Como non podía ser doutro xeito, Talentia Summit 2020 tamén ofrece webinars da man dalgunhas das empresas e centros de investigación máis prestixiosos.

Ao longo dos días 24, 25 e 26 de novembro haberá tres sesións diarias nas que escoitar charlas de profesionais de diversos ámbitos.

Podes pulsar aquí para ver a listaxe de webinars que hai dispoñibles este ano.

Pero, sabes o que é un webinar? Un webinar non é máis que un seminario ou conferencia web. Neste caso, os webinars de Talentia Summit son en streaming, con vídeos con orientación educativa e práctica.

Para asistir a un webinar de Talentia Summit, soamente tes que entrar na súa ligazón o día e hora indicados e poderás velo en streaming.

???? Webinars Talentia: martes 24 de novembro

???? 10:00 h: Jose Vicente Manclús Tur – Adif

Coñecer Adif – Actividades e posibilidades de emprego. Podes ler máis aquí.

???? 11:00 h: Carolina González Arrache – Quental

Como dixitalizar os procesos de RRHH mediante o uso de Robotic Process Automation (RPA). Podes ler máis aquí.

???? 12:00 h: Adriana Castro Novo – ITMATI

ITMATI: ?Un modelo de éxito para transferir tecnoloxía matemática e innovación á industria”. Podes ler máis aquí.

webinars talentia

???? Webinars Talentia: mércores 25 de novembro

???? 10:00 h: Luís Pérez Roca – Gradiant

5G e máis aló. Podes ler máis aquí.

???? 11:00 h: Maite Cancelo & María Bastida – CECOOP

Actividades do CECOOP e Economía Social. Podes ler máis aquí.

???? 12:00 h: Paula Royo – Empieza Por Educar

Queres ter unha carreira profesional de impacto social? Insignia e toma a iniciativa pola igualdade de oportunidades. Podes ler máis aquí.

Webinars talentia 1

???? Webinars Talentia: xoves 26 de novembro

???? 10:00 h: Chiara Riondino & Alison Crabb – European Commission

European Skills Policy. Podes ler máis aquí.

???? 11:00 h: Anxos da Flor – Aflora Consulting

Como enfrontar unha entrevista de traballo en tempos de COVID-19. Podes ler máis aquí.

???? 12:00 h: Pablo González – BECKHOFF AUTOMATION

TC3 Primeiro proxecto paso a paso. Podes ler máis aquí.

Webinars talentia 2