Consigue traballo en Talentia Summit

Compartir

Buscas emprego? Queres cambiar a outro que se adapte mellor ao teu perfil e as túas necesidades? Consigue traballo en Talentia Summit. Explicámosche como.

As mellores empresas do país están reunidas na nosa feira virtual Talentia Summit 2020, recrutando talento e cunha ampla gama de ofertas laborais. Descúbreas!

???? RESERVA XA CITA COAS EMPRESAS

Traballo en Talentia: RESERVA CITA COAS EMPRESAS

Dentro da feira virtual atoparás o Pavillón A, o Pavillón B e o Pavillón de Centros de Investigación.

Nos pavillóns poderás visitar os stands das diferentes empresas e centros de investigación. En cada stand virtual:

  • Poderás visualizar un vídeo da empresa que mostra quen son, que fan e tamén que tipo de perfís profesionais adoitan incorporar ao seu persoal.
  • Podes ler información detallada da empresa.
  • Acceder á súa web e redes sociais.
  • Coñecer un pouco mellor á persoa encargada do stand.
  • Revisar as ofertas de emprego activas.
  • Reservar cita para unha chamada cos responsables de contratación.

???? PAVILLÓN A: RESERVA DE CITA CON EMPRESAS

Reserva de cita coa empresa ou centro de investigación

1- Visita os stands das empresas e elixe a/s que mellor se adapten ao teu perfil. Atopa o traballo que buscabas en Talentia.

2- Pulsa o botón: QUERES QUE TE CHAMEMOS?

3- Elixe día e hora para falar coa empresa e enche o formulario. Ese día recibirás unha chamada telefónica da empresa para coñecerte un pouco máis.

???? PAVILLÓN B: RESERVA DE CITA CON EMPRESAS

Se che interesan unhas ofertas de emprego dunha empresa, é recomendable que envíes o teu currículo ademais de solicitar a cita para a entrevista telefónica, así xa terán algo de información sobre ti.

???? PAVILLÓN C: RESERVA DE CITA CON EMPRESAS

Trabajo Talentia
Trabajo Talentia Summit