A quen vai dirixido Talentia Summit?

Compartir

Talentia Summit é un evento dirixido a toda a cidadanía de todos os ámbitos e de todo tipo de perfís e idades. Busques o que busques, se tes talento, Talentia Summit é o teu espazo. Unha iniciativa da Axencia Local de Colocación do Concello de Santiago

O obxectivo de Talentia Summit é axudar a impulsar o teu perfil profesional cunha gran selección de cursos de formación, webinars, sesións de mentoring e entrevistas personalizadas con empresas de gran prestixio. Pero iso non é todo, porque ti tamén fagas Talentia Summit!

Por tanto, Talentia Summit é un evento que busca congregar a diferentes perfís profesionais:

  • Desempregados-as e parados-as,
  • Traballadores-as en procura activa de emprego.
  • Estudantes nas áreas de comercio, traballo, emprego, recursos humanos, sociología, talento e comunicación.
  • Profesionais con inquedanza e necesidade de explorar novas iniciativas, mercados e empresas.
  • Investigadores-as e académicos-as que se nutran das novas tendencias sobre o talento e emprego.
  • Técnicos e expertos en recursos humanos, recruitment, captación de talento e xestión de persoal de empresas.

Que ofrece esta feira de emprego?

Nesta edición especial Covid-19, 100% virtual, superamos a incerteza e volvemos cunha versión renovada, sen renunciar á oferta de edicións anteriores. Por iso, a ampla oferta formativa mantense así como os stands de empresas con ofertas de emprego activa para a captación de talento. Dunha forma máis esquemática… Que podes atopar en Talentia Summit?

  • Stands de empresas con ofertas de emprego activas e en procura de novos profesionais.
  • Cursos de formación especializados en múltiples áreas: desde a administración de empresas, ata a xestión de residuos, pasando pola comunicación e mercadotecnia.
  • Certificados oficiais: consegue unha certificación para idiomas, ofimática e outros carnés 100% homologados.
  • Sesións de mentoring: Conversacións con expertos en diferentes materias e áreas que te asesorarán e acompañarán para poder orientarte cara aos teus obxectivos.
  • Webinars: seminarios e conferencias 100% online.
  • Optimización dos CV: necesitas mellorar o teu currículo vitae? Neste espazo poderás descubrir as ferramentas para facelo, desde a estrutura, pasando pola fotografía e finalizando polo contido.

Talentia, máis que unha feira de emprego

A diferenza doutros eventos e celebracións en todo o Estado, Talentia Summit busca ir un paso máis aló con respecto a outras feiras de emprego.

Talentia é un espazo para a conversación entre empresas contratantes e profesionais en procura activa de emprego. Trátase dun lugar onde profesionais buscan implementar melloras na súa carreira, impulsando o seu perfil profesional, ampliando os seus coñecementos e formación e establecendo contacto con empresas e profesionais para crear sinerxías presentes e futuras.

Esperámoste en Talentia Summit 2020

Talentia Summit cumpre o seu terceiro ano con esta edición especial Covid-19 na que se reforza cunha maior oferta formativa, máis posibilidades laborais en empresas de primeiro nivel a escala nacional e un acceso cómodo e sinxelo a través da rede. O obxectivo é continuar coa excelente acollida que houbo en edicións anteriores e avanzar cara a novos horizontes e públicos.

A finais do mes de novembro de 2020 celébrase o Foro Talentia e a feira de emprego Talentia Summit. Esperámoste!