Talentia Summit 2021 abre o prazo de inscrición para todas as actividades de formación e emprego

No portal web da feira virtual Talentia Summit 2021 comezou a inscrición en ofertas de emprego, videochamadas con empresas, cursos de formación, certificacións oficiais e webinars entre moitas outras actividades.

Comeza a inscrición na feira virtual de talento e emprego Talentia Summit 2021

Esta semana abriuse o prazo de inscrición para todas as actividades de Talentia Summit. A maior feira do talento e o emprego do Estado presenta unha oferta formativa meirande que nas anteriores edicións e con múltiples candidaturas para vacantes de emprego.

A través da páxina web, a Feira Talentia ofrece a posibilidade para todo o público a inscribirse nas 15.000 prazas nas seguintes actividades:

    • Visitar os stands virtuais de empresas con ofertas de emprego activas e reserva de citas por videoconferencia a modo de entrevista.
  • Aplicar as moitas ofertas de traballo abertas.
    • 100 cursos online: actividades formativas para realizar de forma 100% virtual.
    • 25 certificacións oficiais: Títulos de idiomas, competencias dixitáis, Scrum Master deseño gráfico e curso avanzado de pilotaxe de drons.
  • 38 cursos de formación en directo en aula virtual con titor, en categorías como 3D e realidade virtual, marketing, novas tecnoloxías, orientación e emprego
  • Webinars: exposicións e charlas de empresas participantes na presente edición.
  • Unidade de desenvolvemento profesional: atención, asesoría e seguemento de profesionais especialistas en diversas áreas.
  • Máis de 2.000 rexistros en actividades e 10.000 usuarios nas primeiras 24 horas desde a súa apertura.

Videochamadas directas entre candidatos e empresas en búsqueda de talento na Feria de Talentia Summit ‘21 

Nas primeiras horas da apertura da inscrición, xa hai centos de reservas para citas de videochamadas entre candidatos-as e empresas participantes. Unha nova forma de adaptarse a nova normalidade e ofrecer unha vía máis próxima que achegue a compañías e futuros empregados-as.

talentia summit 21 registro

Xa se poden reservar as entradas presenciais para o Foro Talentia 2021. O 18 de novembro ás 09.00h no auditorio do Edificio Fontán da Cidade da Cultura daranse cita referentes do talento a nivel internacional.

O Foro Talentia 2021 celebrarase o 18 de novembro de 09.00h a 13.30h no auditorio do Edificio Fontán da Cidade da Cultura. Será unha xornada con formato presencial, onde a seguridade estará reforzada implementando todas as medidas de hixiene necesarias para garantir a súa correcta celebración.

O Foro Talentia 2021 estará presidido por D. Alberto Núñez Feijóo, Presidente da Xunta de Galicia, e coa presenza das autoridades Dª. Pilar Alegría, Ministra de Educación e Formación Profesional do Goberno de España e D. Xosé Sánchez Bugallo, Alcalde do Concello de Santiago de Compostela.

Ponentes do Foro Talentia Summit 2021

  • Elena Gil, Global Director of Product and Business Operations – Telefónica IoT & Big Data
  • David Meca, 28 veces Campeón del Mundo de Natación
  • Nancy Villanueva, CEO Iberia & Middle East de Interbrand
  • Carlos Ezquerro, CEO de Netex Learning
  • Clara Jiménez Piñar, Directora de Innovación Accenture, Spain Innovation Lead
  • Irantzu Díaz, Market Manager de IKEA en Galicia
  • Pau Gacía Milá, Emprendedor de éxito – Innovator of the Year by MIT’s TR-35
  • Emilio Froján, CEO & Co-founder de Velca

Tampouco faltarán as artes escénicas e o talento artístico para dar unha nota musical da man do pianista Javier López Jorge, María Victoria Jericó como vocalista e Millán Abeledo Malheiro ao violonchelo. 

En menos de 24 horas, xa está cuberta máis da metade da capacidade do auditorio do Edificio Fontán para poder acudir presencialmente ao evento. 

Compartir

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on email

Más noticias

Play Video
Play Video
Play Video
Play Video
Play Video
Play Video
Play Video
Play Video