Formación online Talentia Summit presentación 2ª convocatoria

Xosé Sánchez Bugallo destaca: “é necesario reinventarse” e incide na aposta do Concello polo talento e a recualificación profesional como antídoto ó coronavirus, introducindo na oferta o mobile learning, cursos que se poden facer 100% desde o móbil.

  • O Concello fai una aposta sen precedentes por potenciar o talento e a recalificación profesional online para combater as secuelas do Covid-19, trala gran demanda recibida na anterior convocatoria lanzada hai pouco máis dun mes.
  • Máis de 4.000 novas prazas na segunda convocatoria dos cursos online Talentia Summit ‘20, centrados nas tendencias profesionais máis demandadas no mercado laboral.
  • Das máis de 20.000 visitas recibidas na web de Talentia Summit desde o lanzamento da primeira convocatoria, aproximadamente o 75% delas foron desde dispositivos móviles. Coa intención de facilitar o acceso a máis persoas, a nova oferta formativa conta con cursos mobile learning, unha serie de cursos optimizados para facelos 100% desde o móbil.

O Concello de Santiago presenta unha nova oferta de formación online destinada á cidadanía da capital de Galicia. Trátase dun total de 4.000 novas prazas en diferentes áreas de especialización, divididas en tres grandes bloques: idiomas, habilidades para o cambio dixital e competencias profesionais.

Tres grandes bloques de especialización e aprendizaxe

  • 1.- Idiomas, comunicarse nunha cidade cosmopolita
  • 2.- Habilidades e actitudes, medrar e liderar o cambio dixital e persoal
  • 3.- Competencias profesionais, é o momento de reinventarse

Tralo éxito da primeira convocatoria, e trala demanda reiterada por parte dos alumnos a través das redes sociais e páxinas web, ofrécense novos cursos de idiomas, centrados en inglés, con múltiples módulos específicos de inglés no ámbito profesional; ampliando tamén a oferta a outras linguas como Portugués, Alemán, Francés, Italiano ou Ruso. Esta aposta pola diversidade lingüística busca potenciar as habilidades comunicativas nunha cidade cosmopolita como é Santiago de Compostela. Hai un total de 427 prazas dispoñibles neste bloque.

Ademais de ampliar as aptitudes comunicativas e lingüísticas, é importante adaptarse e sumarse ao cambio dixital para poder crecer persoal e profesionalmente. Neste bloque de 13 cursos poténciase o impulso da transformación social e dixital destinado a empresas e profesionais independentes en seccións como cultura dixital, diversidade e inclusión, fundamentos de negocio e benestar emocional. Trátase de cursos optimizados para mobile learning, compatibles con todos os dispositivos que contarán con 3.200 prazas dispoñibles.

Por último, como indica o rexedor municipal Xosé Sánchez Bugallo, non cabe dúbida que “é o momento de reinventarse”. Dada a situación actual provocada pola pandemia mundial do coronavirus CoVid-19, é fundamental coñecer e ampliar competencias dixitais para enriquecer e fortalecer o noso perfil profesional de cara á procura dunha oportunidade laboral. Neste bloque, os usuarios dispoñen dun total de 315 prazas en 20 categorías de alta demanda no mercado laboral actual como son informática, programación, sanidade, enerxía, saúde e nutrición ou o turismo.

Talentia Summit: Experiencia inicial satisfactoria reeditada e ampliada

Tralo éxito do primeiro lanzamento de cursos online con 850 prazas reservadas nun só día, lánzase unha segunda convocatoria dos cursos online Talentia Summit ´20, centrados nas tendencias profesionais máis demandadas no mercado laboral actual.

Das máis de 20.000 visitas recibidas na web de Talentia Summit desde o lanzamento da primeira convocatoria, aproximadamente o 75% delas foron desde dispositivos móbiles. Coa intención de facilitar o acceso a máis persoas, a nova oferta formativa conta con cursos mobile learning, unha serie de cursos optimizados para facelos 100% desde o móbil.

Debido á gran demanda do consumo de formación desde dispositivos móbiles, o Concello de Santiago decidiu que a nova oferta formativa tamén estea enfocada no mobile learning, tamén coñecido como m-learning, a educación a través de dispositivos móbiles, smartphones ou tablets. Desta maneira, o alumno é dono do seu propio tempo e pode aprender cando e onde queira; xa non só desde un computador.

Que é o mobile learning ou m-learning? Aprender desde o móbil

Talentia Summit ten un compromiso coa innovación, analizando e á vez anticipándose a unha nova era na educación co mobile learning. É unha realidade que a nosa contorna cambiou, agora o smartphone protagoniza a forma de comunicarnos e de expresarnos. A formación tamén debe adaptarse a esta nova realidade.

O incremento do uso das redes sociais e das novas tecnoloxías favorecen a tendencia “mobile”, e as novas xeracións apostan claramente por esta nova forma de aprendizaxe.

As competencias dixitais son imprescindibles para afrontar os retos do mercado laboral, e o m-learning facilita o desenvolvemento das destrezas dixitais. É necesario desenvolverse con fluidez na contorna actual e posuír as habilidades dixitais que demanda o mercado.

O martes 18 de maio ábrese o prazo de inscrición nos novos cursos

A partir deste martes 18 de maio ábrese o prazo de inscrición nos cursos de formación a través da web www.talentiasummit.com, e finalizará en canto acaben as prazas dispoñibles.