Remata Talentia Summit ‘21 con récord de 50.000 participantes na maior feira do talento

Máis de 50.000 participantes en Talentia Summit ‘21 superando as importantes cifras da edición do pasado ano, cando o formato mudouse a virtual por mor da pandemia.

A volta á presencialidade do Foro Talentia, novas empresas cun alcance internacional, seguimento de usuarios a nivel estatal e as video conferencias para conectar empresas e candidatos, os grandes fitos desta nova edición.

Talentia Summit ´21 rexistrou un aumento no volume de participantes activos con respecto á pasada edición pese a que o listón estivese xa alto. Tras prolongar a súa duración ata as dúas semanas de actividade, e agregar moitas novidades á Feira virtual do talento, foron máis de 50.000 usuarios os que participaron activamente nesta edición.

Imaxe do Foro Talentia 2021, celebrado o pasado xoves 18 de novembro no Auditorio do Edificio Fontán da Cidade da Cultura

Talentia Summit ‘21 en cifras

  • 50.454 usuarios activos na Feira Virtual Talentia.
  • 2.790 usuarios en cursos de formación e certificacións oficiais.
  • 2.648 currículos intermediados para as 320 ofertas de emprego con 868 vacantes.
  • 2.123 videoconferencias nas entrevistas virtuais con empresas.
  • Máis de 700 entradas reservadas no Foro Talentia.
  • Máis de 4.500 páxinas vistas no seguemento vía streaming do Foro Talentia Summit.
  • Máis de 300.000 contas alcanzadas en todas as redes sociais nas interaccións de @TalentiaSummit

O Foro Talentia volveu contar con público no Edificio Fontán da Cidade da Cultura de Galicia

O edificio Fontán da Cidade da Cultura acolleu o pasado xoves 18 de novembro o Foro Talentia Summit 2021. A afluencia do público foi máis que considerable na volta á presencialidade: máis de 750 entradas reservadas e moitas visvisualizacións da páxina do streaming do Foro. O Foro contou coa presenza das autoridades institucionais: o Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo; a ministra de Educación e Formación Profesional, Pilar Alegría; e o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo.

O panel de ponentes ofreceu unha serie de 8 conferencias maxistrais que deixou unha serie de citas para a lembranza:

O maior desafío que temos as empresas para levar a cabo esa transformación digital pasa polas persoas. Se en algo non podemos fallar é no talento” indicaba Elena Gil, Global Director of Product and Business Operations – Telefónica IoT & Big Data. Deseguido, Pau García Milá, Emprendedor de éxito, destacaba que: “Na vida hai que saber xestionar a incertidume. E hai que aprender do pasado”. Posteriormente, Nancy Villanueva, CEO Iberia & Middle East de Interbrand tratou a relación entre marcas, traballadores e usuarios sinalando que: “As marcas ofrecen orgullo de pertenza. Adáptanse ao noso comportamento”. Tamén sobre as marcas destacou Emilio Froján, CEO & Co-founder de Velca: “As marcas xa non son das empresas, se non das persoas”. E con respecto ás organizacións, Clara Jiménez Piñar, Directora de Innovación Accenture, Spain Innovation Lead afirmou o seguinte: “Como ocorre cos animais, moitas organizacións ainda van a 4 patas porque non queren servirse da intelixencia colectiva e evolucionar”.

Clara Jiménez, Directora de Innovación de Accenture durante a súa charla

Continuou o Foro coa participación do 28 veces campión do mundo, David Meca: “Os tiburóns máis perigosos non están no mar, están nas nosas mentes”. Irantzu Díaz, Market Manager de IKEA en Galicia, pola súa parte, compartiu a súa particular fórmula sobre o potencial: “Talento + vontade + acción = potencial. O potencial son todas as posibilidades que te brinda o talento se o traballas”. Finalmente, reafirmando que nunca é tarde para innovar e emprender, a sentencia de Carlos Ezquerro, CEO de Netex Learning foi máis que aclaratoria: “Son Carlos Ezquerro e teño 55 años. Por que digo isto? Porque parece que ninguén pode ser innovador a partir de certa idade”.

Empresas de ámbito internacional e seguimento nacional de Talentia Summit con usuarios participantes de todo o Estado.

Colle destacar nesta nova edición, o aumento de participación de empresas de diferentes orixes. Empresas compostelás participantes en anteriores edicións continuaron confiando en Talentia Summit como escaparate para captar talento, así como grandes multinacionais a nivel internacional e empresas procedentes doutros países que buscan recrutar talento en España. A feira continúa consolidándose como o maior encontro do talento e o emprego a nivel estatal. Unha boa mostra delo é que a cidade dende a cal se conecta o maior volume de usuarios é Madrid, seguida das cidades galegas Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo. Destaca tamén a cidade condal, Barcelona no quinto posto seguida das cidades de Lugo e Narón. Finalmente, as empresas destacan a comodidade do proceso de citas virtuais, empregando a videoconferencia para conectar e coñecer aos candidatos que se postulan ás ofertas de emprego activas.

Impulsando o talento e conectando ás empresas e traballadores por videoconferencias en directo

Unha das novidades, as videochamadas para conectar empresas con potenciais traballadores. Deste xeito, a través de videconferencia, os candidatos podían postularse a un posto de traballo dende calquer lugar e sentindo a proximidade dos técnicos de recursos humanos responsables do stand virtual de Talentia. Son preto de 900 vacantes que buscaban ser cubertas e sen dúbida, as empresas indican que a Feira Talentia facilítalles este proceso de selección que lles está aportando perfís profesionais moi interesantes. 

Por todo isto, Talentia Summit ´21 busca seguir medrando tanto en oferta formativa como de emprego para a vindeira edición e cumprir co coa sua misión: potenciar e desenvolver o talento.

“Nada é máis provocativo que o talento”.

Compartir

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on email

Más noticias

Play Video
Play Video
Play Video
Play Video
Play Video
Play Video
Play Video
Play Video