Creditos logos TALENTIA 2020

1. Responsable do Portal https://talentia.chillypills.es

Axencia Local de Colocación do Concello de Santiago

Edificio Administrativo CERSIA

Rúa Alcalde Raimundo López Pol, s/n,

Santiago de Compostela

Tlf. 981 543 060

Fax 981 542 407

2. Xeral

Os usuarios e usuarias do Portal poden navegar sen necesidade de revelar a súa identidade. Soamente para poder acceder aos servizos que dispoñan de xestión ou trámite específico haberán de introducir os datos persoais imprescindibles para a prestación do servizo solicitado.

O Concello de Santiago de Compostela reservase a facultade de realizar actualizacións e modificacións sobre a información contida no Portal en calquera momento e sen previo aviso.

3. Responsabilidade

O Concello exímese de calquera tipo de responsabilidade derivada da información publicada no seu sitio web, sempre que esta información fose manipulada ou introducida por un terceiro alleo ao mesmo.

O contido do presente sitio web emítese a efectos meramente informativos, e non substitúe a publicación oficial de leis, actos ou outras disposicións que legalmente haxan de publicarse ou notificarse persoalmente aos interesados.

O Concello non pode garantir que a información publicada no Portal estea libre de erros ou que se contido estea actualizado. Unicamente os textos publicados nas edicións impresas do BOP, DOG, BOE, DOUE ou de calquera boletín oficial teñen carácter auténtico e validez oficial. Tampouco se pode garantir que a dispoñibilidade do servizo sexa continua e ininterrompida en todo momento, debido á posibilidade de que aparezan problemas técnicos na rede, nos prestadores de servizo de telecomunicacións, etc.

O Concello non se fai responsable dos danos e prexuízos que se puidesen ocasionar polo uso ilexítimo ou inadecuado de ferramentas ou informacións contidas no Portal, con excepción de todas aquelas actuacións que resulten da aplicación das disposicións legais a que deba someterse no estrito exercicio das súas competencias.

4. Ligazóns a outros sitios web

Salvo autorización expresa por escrito, non se permite o establecemento de dispositivos técnicos de ligazón que desde páxinas de terceiros dean acceso directo ao sitio web do Concello. Este Portal pode conter dispositivos técnicos de ligazóns a páxinas externas sobre as cales o Concello non se responsabiliza en ningún caso nin respecto dos contidos nin respecto de calquera outro aspecto relacionado coas devanditas páxinas ou o seu acceso.

5. Propiedade intelectual e industrial

Todos os contidos deste Portal, marcas, deseños, logos, material sonoro audiovisual, fotográfico ou calquera outros signos ou elementos susceptibles de protección por dereitos de propiedade intelectual e industrial que formen parte do presente sitio web son propiedade do Concello ou de terceiros que autorizaron debidamente a súa inclusión no mesmo e que figuran como autores ou titulares dos dereitos.

En ningún caso entenderase que se concede licenza algunha ou se efectúa renuncia, transmisión, cesión total ou parcial dos devanditos dereitos, nin se confire ningún dereito, e en especial, de explotación, reprodución, distribución, transformación ou comunicación pública sobre os devanditos contidos sen a previa autorización expresa e por escrito do seu titular.

Isto sen prexuízo de que no Portal se publiquen contidos baixo licenzas específicas para o cumprimento dos obxectivos en canto a transparencia, datos abertos e reutilización de información pública.

6. Protección de datos

Os datos facilitados polos usuarios en determinados formularios que o Concello pon á súa disposición, incorporaranse ás correspondentes actividades de tratamento e serán tratados coa finalidade específica de cada tratamento de conformidade coa regulación establecida polo Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello sobre protección de datos de carácter persoal e da Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantías dos dereitos dixitais.

A web non cederá a terceiros os datos do usuario sen o seu consentimento expreso, excepto naqueles casos nos que sexa imprescindible ceder devanditos datos co fin de executar correctamente o servizo solicitado. Estes datos poderanse ceder a agrupacións de formación, entidades organizadoras de formación, entidades públicas, privadas e educativas relacionadas co proceso de formación

A lexitimación do tratamento pode estar baseada no consentimento das persoas interesadas, o cumprimento dunha obrigación legal, o cumprimento dunha misión realizada en interese público, a protección de intereses vitais, ou a execución dun contrato.

O prazo de conservación dos datos dependerá do especificado para cada tratamento de datos persoais. Os datos solicitados unicamente serán obxecto de cesión, no seu caso, previo consentimento da persoa interesada ou de acordo co previsto na citada lexislación.

EXERCICIO DE DEREITOS: As persoas interesadas cuxos datos estean a ser tratados polo Concello poden exercitar os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación do tratamento e portabilidade, así como a opoñerse á toma de decisións individuais automatizadas, incluída a elaboración de perfís, na forma prevista na lexislación vixente sobre a materia.

Condicións de acceso

O acceso á web talentiasummit.com supón a aceptación plena polo/a usuario/a de todas as condicións da presente Información Legal, polo que se non está de acordo co contido da mesma deberá absterse de facer uso da web.

O usuario/a comprométese a facer uso da web e dos seus servizos e contidos conforme ao disposto pola lexislación vixente aplicable. A Axencia Local de Colocación do Concello de Santiago resérvase o dereito a denegar o acceso á web, sen necesidade de previo aviso, a calquera usuario/a que non respete as condicións dispostas nesta Información Legal.

A Axencia Local de Colocación resérvase o dereito a modificar en calquera momento as presentes condicións.

Contidos propiedade da Axencia Local de Colocación do Concello de Santiago

Os contidos desta web están suxeitos a dereitos de propiedade intelectual e industrial da Axencia Local de Colocación ou de terceiros. Non está autorizada (e será perseguida) a reproducción total ou parcial dos datos e contidos non dispostos para o uso explícito aos que se teña acceso na web, ou se utilizaran contravindo a lexislación vixente en materia de propiedade industrial e intelectual.

Modificación da web da Axencia Local de Colocación do Concello de Santiago

A Axencia Local de Colocación do Concello de Santiago resérvase a facultade de executar nos contidos da súa web os cambios que considere oportunos, así como de suspender o seu acceso en calquera momento e sen previo aviso.

O acceso e o uso que se faga dos contidos da web son responsabilidade do usuario/a. A Axencia Local de Colocación  non responderá de ningunha consecuencia, dano ou prexuízo que puidera derivarse de devantido acceso ou uso da información.

A Axencia Local de Colocación do Concello de Santiago resérvase o dereito de facer as modificacións pertinentes na presentación, configuración, localización, condicións e contidos da web.