A nova edición de Talentia Summit 2021 comezará o 15 de novembro

talentia summit nova edición

Compartir

talentia summit nova edición
Imaxe promocional de Talentia Summit 2021

Talentia Summit 2021 estende a súa duración desde o 15 ata o 26 de novembro cun formato híbrido: tanto presencial como online.

Na exitosa edición 2020 na que congregou a máis de 45.000 participantes. En 2021 volve cun formato de feira virtual e un foro presencial, cargados de moitas novidades.

Na edición 2021 de Talentia Summit haberá máis de 15.000 prazas en diferentes actividades para potenciar o talento das persoas asistentes. 

Como xa é habitual, Talentia Summit regresa durante o último trimestre do ano coa súa edición 2021. A maior feira de talento e emprego estatal presenta unha ampla proposta de formación, ofertas laborais e unidade de desenvolvemento profesional. A oferta será publicada nos próximos días con milleiros de prazas dispoñibles.

Miles de videochamadas directas entre candidatos e empresas na procura de talento durante a Feira de Talentia Summit ‘21

A feira continuará sendo virtual e comezará o 15 de novembro, pero alongará a súa duración durante dúas semanas, ata o venres 26 de novembro. O evento transcorrerá de forma virtual na web talentiasummit.com. 

Ofrecerá ás persoas usuarias acceso gratuíto aos stands virtuais de máis dun centenar de empresas con procesos de selección abertos. Ademáis, reserva directa de entrevistas con videochamadas, acceso a centos de ofertas de emprego, unha gran variedade de cursos de formación. Entre as formacións, destacan os certificados oficiais en competencias dixitais e idiomas, webinars e unha unidade de desenvolvemento profesional.

Talentia Summit ‘21 ampliará a súa proposta formativa e de desenvolvemento profesional

“Impulsando o talento, innovando na sustentabilidade”. Tras unha pasada edición marcada pola pandemia Covid-19 e o obxectivo de “superar a incerteza”, Talentia Summit 2021 mantén o formato virtual para a Feira.

O Foro inaugural de Talentia estará presidido por Pilar Alegría, Ministra de Educación e Formación Profesional e celebrarase no Auditorio do Edificio Fontán da Cidade da Cultura de Galicia.

Tras as edicións de 2019, cun Auditorio de Galicia cheo, e un 2020 con todo o público seguindo o evento por streaming, o Foro Talentia 2021 celebrarase o 18 de novembro en horario de mañá no Auditorio do Edificio Fontán da Cidade da Cultura. Será unha xornada con formato presencial, onde a seguridade estará reforzada implementando todas as medidas de hixiene necesarias para garantir a súa correcta celebración.

O Foro Talentia 2021 estará presidido por Pilar Alegría, Ministra de Educación e Formación Profesional, e como cada ano, contará coa participación de empresarios/ as e profesionais especializados en ciencia, tecnoloxía, enxeñería, matemáticas, educación, márketing, recursos humanos e economía máis relevantes en España, e especialmente en Galicia. Tampouco faltarán as artes escénicas e o talento artístico para dar unha nota de cor.

Proximamente, abriranse as reservas para poder acudir presencialmente ao evento, que tamén se poderá seguir por streaming. En pasadas edicións, este Foro de Conferencias Estratéxicas contou con referentes de captación de talento como Paul Tran – Director de persoas e tecnoloxía de Hijos de Rivera-, Miguel Ángel Ruiz – Innovation Senior Manager de Samsung España-, Sonia Mulero – Directora da Fundación Banc Sabadell-, María José Alonso – Catedrática de Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica da Universidade de Santiago e adscrita ao CiMUS-, Joaquín “ Kin” Martínez – Director do festival “O Son do Camiño”-, ou Margarita Álvarez – CEO WfH, expresidenta do Instituto Coca-Cola da Felicidade entre outros moitos. 

e2am9vUgQSnWq4AIIwsulk4JczVN9KtO2HmXKds6G09Dxql8xZ7ZVjjBvvw8jlDWzOn2GC5X612TUdNbILjEKoocLSAjD1rRbHsazDZC2JBprUVx59hhFXlxaOoydPUa1 o PRQv
Imaxe do Foro Talentia 2020 no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia

Nas próximas semanas, anunciaranse os conferenciantes que participarán nesta nova edición. Tamén outros detalles e novidades da feira virtual, así como a apertura de inscricións para as diferentes actividades dispoñibles.

Todas as novidades e apertura de reservas de Talentia Summit 21 serán a través da web talentiasummit.com.