Xerente de Identia Coaching & Formación, interim manager
Experta en consolidación, profesionalización e desenvolvemento de liñas estratéxicas para pequenas empresas, pemes e cooperativas. Con ampla experiencia en áreas de desenvolvemento a través de interim manager, mentoring, coaching e metodoloxías áxiles. Mentora en programas e accións dirixidas pola Universidade de Santiago de Compostela, a Fundación Ronsel e a EOI. Dirixiu proxectos de cooperación internacional con AGAFOR, directora de cursos de verán da Universidade de Santiago, tamén colabora en varios programas de radio e televisión.