Enxeñeiro industrial, emprendedor e mentor. Fundador de Zaqueo Investimentos.
Fundou a súa primeira empresa en 1999, hoxe Zaqueo Inversiones, dende a que participa, apoia e promove startups, pemes e proxectos. Tamén foi fundador, entre outros, de GaliciaBanner (2001), Galicia Naves (2002), Ciplo (2005), Francis Burton (2014), Kala Investments (2016). Socio, orientador e profesor en Galicia Business School, e noutras escolas e universidades. Profesor asociado na ETSEI de Vigo. Máster en Xestión e Loxística Industrial. Profesor asociado no Máster de Transformación Dixital do Centro Universitario de Defensa, Escola Naval Militar de Marín. Actualmente CEO de Kala Asset Investments e presidente do Colexio de APIs de Pontevedra.