Máis de 850 prazas reservadas nos cursos de formación online do Concello de Santiago nas primeiras 24 horas dende a apertura das inscricións

Compartir

Gran acollida da formación online en Santiago

Tras o lanzamento onte mércores 15 de abril, da maior oferta formativa online do Concello de Santiago de Compostela dos últimos anos para mitigar os efectos da crise sanitaria global, a resposta cidadá non se fixo esperar, facendo a reserva de máis do 50% das 1.500 prazas nos máis de 100 cursos disponibles nas diferentes 20 áreas profesionais.

A formación en idiomas esgotou as súas prazas en menos de 24 horas

A oferta de formación en idiomas como o inglés e o francés en diferentes niveis (A1, A2, B1, B2) foi un rotundo éxito, esgotándose as prazas en menos de 24 horas. Por outra banda, os cursos relacionados coa administración de empresas, o marketing e comunicación o turismo, colleitaron un abundante volume de inscricións, deixando as últimas prazas disponibles. A ampla oferta en aplicacións como o paquete Microsoft (Word, Excel, Access e Power Point) permite a moitos usuarios e usuarias obter un certificado que avale os seus coñecementos en ofimática. Polo momento, continúan habendo prazas disponibles para esta especialidade.

O inicio dos cursos está previsto para o luns 20 de abril

A maior celeridade posible, serán verificadas todas as inscricións para comprobar que os inscritos cumpren os requirimentos: ser maiores de 16 anos e estar censados no Concello de Santiago. O inicio dos cursos de formación está previsto para este luns 20 de abril, aínda que a formación online permite iniciar o curso cando o alumno-a estime conveniente.

A inscrición é gratuita e sinxela. Tan só seguindo 3 pasos para completala a través do portal web 2019.talentiasummit.com