transformación digital

Caminando cara unha sociedade nova da man da transformación dixital

  • O fomento das capacidades dixitales no ámbito empresarial axudan á empresa a enfocarse de cara á reorientación dos seus métodos e sistemas de traballo, cara a implementación dinámica das novas tecnoloxías.
  • Automatizar procesos, minimizar os costes, xerar fluidez e dinamismo nas tarefas e funcións da empresa, optimizando e mellorando a comunicación e rompendo barreiras a nivel internacional.
  • En Galicia, numerosas empresas empregan estes servizos e tecnoloxías no ámbito profesional e hai unha extensa carteira de empresas que proporcionan estes servizos de Big Data, realidade aumentada, VR, blockchain, cloud computing e tantos outros.

En Talentia Summit, presentamos un lugar especializado na transformación dixital con proxectos referentes en Galicia a nivel europeo.

Varias empresas ofrecen servizos non só de capacidades dixitais e tamén de formación dixital para os empregados. Partindo da base do coñecemento de uso, as empresas despois poderían dar o seguinte cara fomentar aptitudes para as ferramentas dixitais, buscar a innovación e implementar os elementos estrelas como o Big Data. Ademáis do Big Data, destacamos outra serie de elementos das digital capabilities que estarán presentes no Talentia Summit ´19:

Realidade virtual

Entendendo como un entorno de escenas de apariencia real. Xerado mediante tecnoloxía informática, o usuario figúrase que está inmerso nesta realidade.

Realidade aumentada

Conxunto de tecnoloxías que permiten que un usuario visualice parte do mundo real a través dun dispositivo tecnolóxico con información gráfica engadida.

Impresión dixital 3D

Ó fin pódese realizar unha impresión con pezas ou maquetas volumétricas, a partir dun deseño feito por ordenador.

IoT (Internet of Things), Internet das cousas

Todo está conectado. O IoT céntrase na interconexión entre obxectos cotiás e Internet. Está relacionado co fogar intelixente.

Cloud computing

Tamén coñecida como a nube, o almacenamento de arquivos e documentos en Internet a través dun sistema que organiza todo o subido á rede.

Intelixencia artificial

Unha máquina «intelixente» ideal é un axente flexible que percibe o seu entorno e lévase a cabo accións que maximicen as súas posibilidades de éxito nalgún obxectivo ou tarefa

Robótica

Os robots chegaron. Sistemas intelixentes que realizan tarefas programadas para mellorar e optimizar o rendemento empresarial. A industria xa é 4.0

Blockchain

Estrutura de datos na que a información contida agrúpase en conxuntos (bloques) ós que se lles engade metainformacións relativas a outro bloque da cadea anterior nunha liña temporal, de xeito que grazas a técnicas criptográficas, a información contida nun bloque só pode ser repudiada ou editada modificando todos os bloques posteriores. Esta propiedade permite a súa aplicación nun entorno distribuido de maneira que a estrutura de datos blockchain pode exercer de base de datos pública non relacional que conteña un histórico irrefutable de información

Queres formar parte da nosa sección especial de Transformación dixital? Inscríbete aquí