Estará presidido por Alberto N. Feijóo, Presidente da Xunta de Galicia
Pilar Alegría, Ministra de Educación e Formación Profesional do Goberno de España e Xosé S. Bugallo, Alcalde de Santiago de Compostela.
Contará con relatores ao máis alto nivel, entre os máis relevantes de España, e especialmente de Galicia. Como cada ano, participarán empresarios/ as e profesionais especializados/ as en ciencia, tecnoloxía, enxeñería, matemáticas, educación, márketing, recursos humanos e economía.
Tampouco faltarán as artes escénicas e o talento artístico para dar unha nota de cor.
Será unha xornada con formato presencial, onde a seguridade estará reforzada implementando todas as medidas de hixiene necesarias para garantir a súa correcta celebración.
A xornada terá lugar no novo Edificio Fontán da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, cun aforo de 750 persoas asistentes.
Ademais, do mesmo xeito que en 2020, o foro tamén será difundido en tempo real mediante streaming. O ano pasado, máis de de 4.000 espectadores elixiron esta opción para seguilo en directo.