Mentoring persoal
con María
Descubre máis sobre min...
Docente de formación profesional para o emprego, coach e mentora de Explorer Lab
Durante 17 anos desenvolveu a súa carreira profesional vinculada ao sector financeiro. Diplomada en Ciencias Empresariais pola Universidade da Coruña é coach executivo certificada. Orientada profesionalmente á xestión de persoas e desenvolvemento de talento. Profesora de formación profesional para o emprego, colaborou con diferentes entidades impartindo cursos e conferencias sobre Recursos Humanos, habilidades directivas, liderado, coaching, empregabilidade, etc. Mentora do programa de formación e preincubación do Banco Santander e do proxecto piloto de Mentorización para profesionais autónomos da Xunta de Galicia, entre outros.
Reserva unha cita virtual
con María
Indícanos a hora na que estarás dispoñible para recibir a mentoría e poñerémonos en contacto contigo.