Benvidos á caseta virtual de

Instituto Tecnológico de Matemática Industrial (ITMATI)

Instituto Tecnológico de Matemática Industrial (ITMATI)

Adriana Castro Novo

Coordinadora da Unidade de Xestión de Transferencia.

Sobre nós...

O Consorcio Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial é un consorcio público participado polas tres universidades galegas, a Universidade da Coruña, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo, que foi constituído en 2013. O Itmati ten a vocación de ser un centro de investigación tecnolóxica de referencia a nivel internacional no ámbito da Matemática Industrial. A súa principal misión é contribuír ao fortalecemento e potenciación da competitividade na contorna industrial e empresarial e apoiar a innovación no sector produtivo, mediante o logro da excelencia na investigación e o desenvolvemento de tecnoloxía matemática orientada á transferencia á industria, proporcionando solucións innovadoras aos sectores produtivos da sociedade.


O Centro conta no ano 2020 cun persoal propio de 25 persoas, das cales vinte son investigadoras. Todos os proxectos que leva a cabo Itmati céntranse en tres grandes áreas de transferencia: Simulación, Estatística e Big Data e Optimización, destacando no ano 2019 a de Simulación Numérica, que representou o 42,39% da actividade.

Reserva unha cita virtual
con Instituto Tecnológico de Matemática Industrial (ITMATI)

Esta é a dispoñibilidade de Adriana Castro Novo, Coordinadora da Unidade de Xestión de Transferencia. de Instituto Tecnológico de Matemática Industrial (ITMATI). Esta caseta estará aberta e atendendo as reservas previas durante os seguintes días.

Sobre que hora queres que te chamemos?

Indícanos sobre que hora estarás dispoñible para falar por teléfono e poñerémonos en contacto contigo.

Se realizas unha reserva de tempo, xerará unha cita aproximada, isto quere dicir que nos comprometemos a chamarte ese día a esa hora aproximadamente cunha marxe de dúas horas.

Lembra estar pendente do teléfono, estamos desexando coñecerte mellor.

The preselected service for shortcode is not available anymore. Please check your shortcode settings.

Play Video
Play Video
Play Video
Play Video
Play Video
Play Video
Play Video
Play Video