Benvidos á caseta virtual de
Instituto de Acuicultura-USC
Sobre nós...
O Instituto de Acuicultura ( IA) é un centro de investigación, docencia, formación, asesoramento e difusión da información nas áreas científico-técnicas relacionadas coa promoción e desenvolvemento da Acuicultura, incluíndo Xenética, Microbiología, Patoloxía, Inmunología, Fisioloxía e Bioquímica, aplicadas ás dúas grandes áreas da acuicultura: Piscicultura e Cultivo de Invertebrados (moluscos e crustáceos).
No ámbito da formación, o IA coordina un máster oficial e un programa de doutoramento, e organiza cursos de formación continua para profesionais e técnicos da Administración, na contorna rexional. No ámbito dos servizos tecnolóxicos, ofértanse e executan, tanto na contorna rexional como nacional e internacional, servizos fundamentalmente relacionados coa patoloxía, prevención e control, selección xenética, xestión de reprodutores, xenómica de moluscos, trazabilidade e biotecnoloxía de microalgas.
Reserva unha cita virtual
con Instituto de Acuicultura-USC
Esta é a dispoñibilidade de Carlos Pereira Dopazo, Director de Instituto de Acuicultura-USC. Esta caseta estará aberta e atendendo as reservas previas durante os seguintes días.
Sobre que hora queres que te chamemos?
Indícanos sobre que hora estarás dispoñible para falar por teléfono e poñerémonos en contacto contigo.
Se realizas unha reserva de tempo, xerará unha cita aproximada, isto quere dicir que nos comprometemos a chamarte ese día a esa hora aproximadamente cunha marxe de dúas horas.
Lembra estar pendente do teléfono, estamos desexando coñecerte mellor.
The preselected service for shortcode is not available anymore. Please check your shortcode settings.