Benvidos á caseta virtual de
GRADIANT
Leticia Torrejón Casalderrey
Responsable de Selección e Xestión do Talento
Sobre nós...
Gradiant, centro tecnolóxico TIC, ten como obxectivo mellorar a competitividade das empresas mediante a transferencia de coñecemento e tecnoloxías nos ámbitos da conectividade, intelixencia e seguridade.
Con máis de 100 profesionais e 14 patentes solicitadas, Gradiant desenvolveu máis de 340 proxectos diferentes de I+D+i, converténdose nun dos principais motores da innovación en Galicia. A súa facturación en 2019 alcanzou os 4,7 millóns de euros, traballando con máis de 371 clientes en 30 países ao longo de doce anos.
O compromiso do centro coa calidade é unha constante desde os seus inicios Tras doce anos de actividade, Gradiant sitúase como socio tecnolóxico da industria orientado ás súas necesidades no ámbito das TIC, achegando a súa experiencia nacional e internacional en tecnoloxías para a seguridade e a privacidade, o procesado de sinais multimedia, internet das cousas, a biometría e analítica de datos e os sistemas de comunicacións avanzadas.
Reserva unha cita virtual
con GRADIANT
Esta é a dispoñibilidade de Leticia Torrejón Casalderrey, Responsable de Selección e Xestión do Talento de GRADIANT. Esta caseta estará aberta e atendendo as reservas previas durante os seguintes días.
Sobre que hora queres que te chamemos?
Indícanos sobre que hora estarás dispoñible para falar por teléfono e poñerémonos en contacto contigo.
Se realizas unha reserva de tempo, xerará unha cita aproximada, isto quere dicir que nos comprometemos a chamarte ese día a esa hora aproximadamente cunha marxe de dúas horas.
Lembra estar pendente do teléfono, estamos desexando coñecerte mellor.