Benvidos á caseta virtual de
COGAMI
Sobre nós...
Cogami (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade) é unha organización que presta apoio e atención directa as persoas con discapacidade en todo o territorio galego achegando os nosos servizos profesionais a través das nosas oficinas e dos nosos centros especializados en atención as persoas con discapacidade. Contamos ademais con 11 empresas de economía social (centros especiais de emprego) de distintos sectores, onde ofrecemos oportunidades laborais a mais de 500 persoas.
Na actualidade somos preto de 1.000 persoas na Organización con distintos perfís profesionais traballando e levando a cabo diferentes proxectos tanto no eido social como no eido empresarial. Participamos outro ano máis nesta edición de Talentia para achegarnos a ti, coñecerte e atraer o teu talento.
Reserva unha cita virtual
con COGAMI
Esta é a dispoñibilidade de Ana Traba Fiúza, Área de Persoas de COGAMI. Esta caseta estará aberta e atendendo as reservas previas durante os seguintes días.
Sobre que hora queres que te chamemos?
Indícanos sobre que hora estarás dispoñible para falar por teléfono e poñerémonos en contacto contigo.
Se realizas unha reserva de tempo, xerará unha cita aproximada, isto quere dicir que nos comprometemos a chamarte ese día a esa hora aproximadamente cunha marxe de dúas horas.
Lembra estar pendente do teléfono, estamos desexando coñecerte mellor.