Benvidos á caseta virtual de
CiMUS
Sobre nós...
O Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS) ten como obxectivo promover o desenvolvemento da investigación interdisciplinar no campo das ciencias biomédicas, a través da interacción e a colaboración interna e con grupos nacionais e internacionais de relevancia. Como resultado deste esforzo, no noso centro alóxanse distintos grupos cun gran potencial en investigación básica e outros cun compoñente máis traslacional, que son altamente recoñecidos nos seus campos.
A nosa actividade científica céntrase na prevención, o coñecemento e o tratamento de enfermidades crónicas nas áreas de cancro, cardio-metabolismo e neurociencias, así como nas áreas transversais de xenómica, vehiculización de fármacos, descubrimento de fármacos e medicina rexenerativa.
Reserva unha cita virtual
con CiMUS
Esta é a dispoñibilidade de Ruth González, Xestora operativa de CiMUS. Esta caseta estará aberta e atendendo as reservas previas durante os seguintes días.
Sobre que hora queres que te chamemos?
Indícanos sobre que hora estarás dispoñible para falar por teléfono e poñerémonos en contacto contigo.
Se realizas unha reserva de tempo, xerará unha cita aproximada, isto quere dicir que nos comprometemos a chamarte ese día a esa hora aproximadamente cunha marxe de dúas horas.
Lembra estar pendente do teléfono, estamos desexando coñecerte mellor.
The preselected service for shortcode is not available anymore. Please check your shortcode settings.