Benvidos á caseta virtual de
INASUS
Sobre nós...
Desde a súa fundación, en 1970, Inasus executou proxectos en 9 países de 3 continentes diferentes. O compromiso e a dedicación dun equipo incansable contribuíron a posicionar a Inasus como un actor recoñecido internacionalmente no sector das fachadas singulares.
Neste 2020, Inasus cumpre 50 anos e faio reafirmando os valores que marcaron o seu camiño durante este tempo: a aposta polas persoas, a innovación e a internacionalización, sen renunciar ás súas orixes, mantendo a esencia de empresa familiar e a Lalín como o seu centro de operacións.
Reserva unha cita virtual
con INASUS
Esta é a dispoñibilidade de David Castro Currás, Director de Persoas e Cambio de INASUS. Esta caseta estará aberta e atendendo as reservas previas durante os seguintes días.
Sobre que hora queres que te chamemos?
Indícanos sobre que hora estarás dispoñible para falar por teléfono e poñerémonos en contacto contigo.
Se realizas unha reserva de tempo, xerará unha cita aproximada, isto quere dicir que nos comprometemos a chamarte ese día a esa hora aproximadamente cunha marxe de dúas horas.
Lembra estar pendente do teléfono, estamos desexando coñecerte mellor.