Benvidos á caseta virtual de
HPE CDS
Sobre nós...
CDS, Hewlett Packard Enterprise Company é o provedor preferente para o desenvolvemento e subministración de servizos tecnolóxicos aos clientes da multinacional HPE. Actualmente HPE conta con máis de 60.000 profesionais en todo o mundo. A súa sede central está en San José (EE. UU.) e comercializa os seus produtos e servizos en 90 países. En 2019 foi galardoada entre as empresas máis éticas do mundo polo Ethisphere Institute.
En CDS as persoas son o primeiro, por iso para nós é tan importante o teu desenvolvemento persoal como profesional. En función do proxecto ofrecémosche: flexibilidade horaria na entrada e na saída, xornada intensiva os venres, máis de tres meses de xornada intensiva ao ano, retribución flexible (ticket gardería, seguro médico privado, tarxeta de transporte público…), etc. Ademais, no teu tempo laboral poderás formarte no que che apaixona (+15.000 cursos online), máis subvención mensual adicional para idiomas, dispoñer dun plan de desenvolvemento profesional personalizado, adaptar os teus compromisos profesionais ás túas necesidades… Vés traballar connosco? Por segunda edición, estamos en Talentia Summit. Agardamos que queiras saber de nós e poder seguir medrando en Galicia.
Reserva unha cita virtual
con HPE CDS
Esta é a dispoñibilidade de Marta Martin Garcia, HR Country Lead de HPE CDS. Esta caseta estará aberta e atendendo as reservas previas durante os seguintes días.
Sobre que hora queres que te chamemos?
Indícanos sobre que hora estarás dispoñible para falar por teléfono e poñerémonos en contacto contigo.
Se realizas unha reserva de tempo, xerará unha cita aproximada, isto quere dicir que nos comprometemos a chamarte ese día a esa hora aproximadamente cunha marxe de dúas horas.
Lembra estar pendente do teléfono, estamos desexando coñecerte mellor.
The preselected service for shortcode is not available anymore. Please check your shortcode settings.