Benvidos á caseta virtual de
evelb
Sobre nós...
Creada en 2010, nace co reto de dar solucións inmediatas e obxectivas ás necesidades tecnolóxicas de entidades públicas e privadas. A nosa empresa basea o seu traballo no asesoramento #ante as necesidades tecnolóxicas dos nosos clientes. Os nosos principais servizos son o deseño e desenvolvemento de software a medida en todos os seus ámbitos: páxinas web, plataformas web, software de escritorio e aplicacións móbiles.
Todo complementado cun servizo de consultoría, soporte, xestión integral e mantemento de sistemas informáticos e de redes, así como o posicionamento e márketing online.
A nosa empresa é nova e estamos en pleno crecemento, por iso a nosa filosofía está centrada nas persoas, apostamos polo mellor talento no noso equipo de traballo. Agardamos por ti!
Reserva unha cita virtual
con evelb
Esta é a dispoñibilidade de Tamara Cutrín Millán, RR. HH. de evelb. Esta caseta estará aberta e atendendo as reservas previas durante os seguintes días.
Sobre que hora queres que te chamemos?
Indícanos sobre que hora estarás dispoñible para falar por teléfono e poñerémonos en contacto contigo.
Se realizas unha reserva de tempo, xerará unha cita aproximada, isto quere dicir que nos comprometemos a chamarte ese día a esa hora aproximadamente cunha marxe de dúas horas.
Lembra estar pendente do teléfono, estamos desexando coñecerte mellor.