Benvidos á caseta virtual de
ENGLISH IN MOTION
Sobre nós...
Cunha experiencia de 20 anos no mercado e tres centros de formación en Santiago, A Coruña e Sigüeiro (Ordes), English in Motion consolídase como un referente no ensino do inglés.
Ofrecemos formación tanto a nenos como adultos, e ademais estamos especializados na formación a empresas. Durante este tempo traballamos constantemente na innovación e apostamos por novos métodos de ensino para unha mellor aprendizaxe do noso alumnado.
Por outra banda, somos centro examinador de Oxford Test of English. O noso obxectivo é atopar persoal cualificado, tanto na rama dos idiomas (imprescindible nivel C1/ C2) como no departamento de administración.
Reserva unha cita virtual
con ENGLISH IN MOTION
Esta é a dispoñibilidade de José Antonio Vázquez, Director de ENGLISH IN MOTION. Esta caseta estará aberta e atendendo as reservas previas durante os seguintes días.
Sobre que hora queres que te chamemos?
Indícanos sobre que hora estarás dispoñible para falar por teléfono e poñerémonos en contacto contigo.
Se realizas unha reserva de tempo, xerará unha cita aproximada, isto quere dicir que nos comprometemos a chamarte ese día a esa hora aproximadamente cunha marxe de dúas horas.
Lembra estar pendente do teléfono, estamos desexando coñecerte mellor.