Empresa líder da distribución comercial en Galicia, está participada ao 50% pola familia González Prieto e Eroski.
As nosas orixes remóntanse aos anos corenta do pasado século XX, cando o fundador da compañía, Ventura González, instala en Vigo o seu primeiro negocio de alimentación. Na actualidade contamos cunha extensa rede comercial conformada por 270 establecementos entre propios e franquiados en Galicia, Asturias e Castela e León.