Benvidos á caseta virtual de
IMATIA INNOVATION
Sobre nós...
En Imatia especializámonos no desenvolvemento de software que axuda a empresas e administracións públicas facer máis con menos esforzo. As nosas solucións permiten automatizar procesos rutineiros e mellorar a toma de decisións para que os nosos clientes se poidan centrar nas actividades que maior valor lles achegan.
A nosa forma de traballar e valores baséanse no noso carácter innovador e na nosa aposta polo talento novo. Dentro do noso persoal de case 200 profesionais, moitos atoparon aquí a súa primeira oportunidade laboral.
Actualmente atopámonos nunha etapa de expansión e crecemento moi importante, polo que é a oportunidade perfecta para unirte a un equipo que che permitirá desenvolverte como experto en áreas tan demandadas como a Industria 4.0, o e-commerce ou a loxística. Esperámoste en Talentia Summit 2020.
Reserva unha cita virtual
con IMATIA INNOVATION
Esta é a dispoñibilidade de Ana, RR. HH. de IMATIA INNOVATION. Esta caseta estará aberta e atendendo as reservas previas durante os seguintes días.
Sobre que hora queres que te chamemos?
Indícanos sobre que hora estarás dispoñible para falar por teléfono e poñerémonos en contacto contigo.
Se realizas unha reserva de tempo, xerará unha cita aproximada, isto quere dicir que nos comprometemos a chamarte ese día a esa hora aproximadamente cunha marxe de dúas horas.
Lembra estar pendente do teléfono, estamos desexando coñecerte mellor.