Benvidos á caseta virtual de
Hijos de Rivera
Sobre nós...
Nos nosos máis de 112 anos de historia conseguimos que todo o planeta comparta a nosa paixón pola cervexa. Consolidados no mercado nacional e internacional, estamos especializados na produción, comercialización e distribución de bebidas. Queremos ser recoñecidos pola excelencia dos nosos produtos e servizos, así como polo compromiso coa creación de valor para a sociedade e os nosos grupos de interese.
Fomentamos o desenvolvemento profesional e persoal dos nosos traballadores, sobre a base dunha cultura aberta e participativa. Cremos que o talento, traballo en equipo e o compromiso é a clave do noso éxito
Reserva unha cita virtual
con Hijos de Rivera
Esta é a dispoñibilidade de Adriana Trillo, Técnica de Selección de Hijos de Rivera. Esta caseta estará aberta e atendendo as reservas previas durante os seguintes días.
Sobre que hora queres que te chamemos?
Indícanos sobre que hora estarás dispoñible para falar por teléfono e poñerémonos en contacto contigo.
Se realizas unha reserva de tempo, xerará unha cita aproximada, isto quere dicir que nos comprometemos a chamarte ese día a esa hora aproximadamente cunha marxe de dúas horas.
Lembra estar pendente do teléfono, estamos desexando coñecerte mellor.