Benvidos á caseta virtual de
CINFO
Sobre nós...
Deseñamos ferramentas sinxelas e resolutivas soportadas por tecnoloxía de vangarda, como o procesado de vídeo en tempo real, a intelixencia artificial ou a analítica de datos.
Desenvolvemos aplicacións e arquitecturas de sistemas para televisión dixital, sistemas de xestión empresarial e metadatos. Creamos a plataforma de televisión profesional tiivii para automatizar a produción audiovisual dun evento (desde a gravación ata a emisión).
Utilizando tecnoloxía de visión por computador e algoritmos de aprendizaxe automática é posible crear unha canle de televisión na internet sen desprazar equipos ao lugar de gravación.
Reserva unha cita virtual
con CINFO
Esta é a dispoñibilidade de Carmen Vázquez de Prada, Responsable de RR. HH. de CINFO. Esta caseta estará aberta e atendendo as reservas previas durante os seguintes días.
Sobre que hora queres que te chamemos?
Indícanos sobre que hora estarás dispoñible para falar por teléfono e poñerémonos en contacto contigo.
Se realizas unha reserva de tempo, xerará unha cita aproximada, isto quere dicir que nos comprometemos a chamarte ese día a esa hora aproximadamente cunha marxe de dúas horas.
Lembra estar pendente do teléfono, estamos desexando coñecerte mellor.