Benvidos á caseta virtual de
BAHIA SOFTWARE
Sobre nós...
Bahía software foi fundada no ano 1999 por profesionais con experiencia no sector das Tecnoloxías da Información e no ámbito da Sanidade e a Administración Pública. Ofrecemos servizos de consultoría e enxeñería en tecnoloxías da información a grandes contas de diversos sectores: sanidade, téxtil, industria, banca…
En Bahía Software sentímonos identificados cos valores da diversidade, experiencia e compromiso, os que nos levaron durante máis de 20 anos a converternos no que somos na actualidade: un equipo de persoas con ampla experiencia no deseño de proxectos tecnolóxicos innovadores e comprometidos co desenvolvemento dunha solución a medida.
Somos unha empresa que aposta polo talento, por iso, estaremos encantadas de compartir tempo con vós, charlar e presentarvos todos os proxectos nos que estamos a traballar na actualidade. Está a esperarvos un novo reto!.
Reserva unha cita virtual
con BAHIA SOFTWARE
Esta é a dispoñibilidade de Jessica Brea y Cristina Nogueira, Técnica de selección de BAHIA SOFTWARE. Esta caseta estará aberta e atendendo as reservas previas durante os seguintes días.
Sobre que hora queres que te chamemos?
Indícanos sobre que hora estarás dispoñible para falar por teléfono e poñerémonos en contacto contigo.
Se realizas unha reserva de tempo, xerará unha cita aproximada, isto quere dicir que nos comprometemos a chamarte ese día a esa hora aproximadamente cunha marxe de dúas horas.
Lembra estar pendente do teléfono, estamos desexando coñecerte mellor.
The preselected service for shortcode is not available anymore. Please check your shortcode settings.