Data da formación virtual 23/11/2020 en horario de 16:00-18:00. Impartida TERESA HERNANDEZ: Coach persoal, familiar e educativo. Psicopedagoga, Mestra, formadora. ALUMNOS : 20 Sesión
É un taller cun formato lúdico e de carácter participativo. Está baseado en dinámicas de grupo e individuais para poder aprender de maneira activa e sobre todo vivencial. Non se trata dun taller teórico sobre a comunicación non verbal, senón todo o contrario, o que se busca é atopar unha linguaxe común a partir da corporalidade propia de cada persoa realzando esa diversidade que é inherente ao ser humano e que xustamente é a que nos fai iguais. O obxectivo é terminar a formación sendo máis conscientes de nosa propia corporalidade e do potencial comunicativo do noso corpo e con ferramentas para mellorar a nosa capacidade comunicativa. Desde a Sinergología lograremos entender mellor como se comporta o corpo mentres comunicamos e que elementos podemos mellorar cada un
Potenciando a linguaxe non verbal • Os ollos os protagonistas • Ler emocións en rostros con máscaras • Variables a ter en conta na entrevista de traballo
Desafortunadamente xa non quedan prazas dipoñibles para esta actividade.