O curso desenvolverase adaptado ó nivel dos participantes e seguirá a seguinte estrutura:
• Introdución ao deseño e a fabricación dixital
• Software de deseño 3D
• Software de deseño 3D paramétrico
• Impresoras 3D
• Materiais e aplicacións
• Metodoloxía do deseño
• Desenvolvemento de proxectos
• Prototipado
• Presentación de proxectos
Facilitarase todo o material preciso para o prototipado dos proxectos.
Este curso diríxese a persoas con interese na fabricación dixital e o desenvolvemento de produtos.
Este curso permitirache iniciarte no mundo do deseño e da impresión 3D dunha maneira práctica e divertida.
Saídas profesionais: empresas de impresión, fabricación dixital, industria (mobiliario, metal, plástico, etc), educación, arte ou enxeñería.