- Inglés
- Oxford Test of English (Grupo 5)
- Duración do exame: 2 horas
- Mércores 25 de novembro ás 12.30h
-
En termos xerais, esta proba de inglés de Oxford avaliará a capacidade do candidato para desenvolverse empregando unha linguaxe común na vida real, tanto nos ámbitos sociais como nos contextos laborais ou académicos.
O obxectivo é obter a certificación oficial dos niveis A2, B1 e B2 en inglés recoñecida polo MECR.
Este exame foi desenvolvido pola Oxford University Press, unha das universidades máis prestixiosas do mundo.
Esta proba de inglés consta de catro partes diferentes e ten unha duración aproximada de dúas horas.
O exame realizarase na data e horas sinaladas de modo presencial. Cada parte corresponde a unha das habilidades ou competencias lingüísticas básicas:
- Reading (35 minutos)
- Listening (30 minutos)
- Speaking (15 minutos)
- Writing (45 minutos) - Preme para máis información