Benvidos á edición especial Covid-19
Feira virtual Talentia Summit '20
Máis de 18.000 prazas dispoñibles en actividades
- Completos
- Completos
- Completos
- Completos
- Completos
- Completos
A feira virtual Talentia Summit ’20 xa acepta reservas e inscricións previas en todas as súas actividades.
Para poder participar nas actividades da feira virtual é necesario que realices unha reserva previa, dado o alto volume de tráfico na web recomendámosche que o fagas rápido para non perder a oportunidade.
Todo o contido é 100% dixital nesta edición especial Covid-19, as actividades están deseñadas para que as poidas realizar sen saír de casa.
Todas as actividades, sesións e cursos de formación de Talentia Summit son completamente gratuítos.
Goza da experiencia virtual!
Precisas axuda? Descobre como rexistrarse
Aprende a interactuar na plataforma e como facer reservas nas actividades neste artigo.

Pavillóns de empresas
Conecta directamente cos seus responsables
Pavillón A
Stands virtuais das empresas en procura de talento
Pavillón B
Stands virtuais das empresas en procura de talento
Pavillón C
Stands virtuais dos centros de investigacións e organizacións
Se necesitas axuda para orientarche a nivel laboral, contamos con profesionais que poden ofrecerche os seus coñecementos. Na sección de orientadores atoparás persoas que che aconsellarán ferramentas útiles para atopar un emprego á túa medida, axustar a túa procura ou reorientala.
Mentoring persoal
Os mentores, divididos en categorías, axudaranche a enfocarche e impulsar o teu perfil profesional.
As sesións de mentoring están orientadas a resolver dúbidas ou inquietudes a nivel profesional. Séntesche desanimado ou desanimada co teu emprego actual? Como poderías orientar o teu perfil de modo que poidas sacarlle o mellor partido ao teu talento? Sabes recoñecer os teus talentos, as túas principais virtudes á hora de traballar?
Cursos de formación en directo
Formación en directo mediante aula virtual
Os cursos de formación en directo realízanse a través dunha aula virtual cunha persoa que imparte a formación. Teñen horarios establecidos, indicados na sección do curso, e son presenciais de forma virtual.
Cursos online
Os cursos online realízanse a través dunha plataforma, sen horarios marcados. Podes facelos no teu tempo libre, ao teu ritmo, a condición de que os completes no tempo máximo establecido.