Feira virtual Talentia Summit '22

15.000 prazas dispoñibles en actividades para potenciar o teu talento

14-18 de novembro 2022

Tour pola feira virtual

Sabes todo o que podes facer na feira virtual?

Explora a feira virtual

A feira virtual Talentia Summit ’22 xa acepta reservas e inscricións previas en todas as súas actividades.

Para poder participar nas actividades da feira é necesario que realices unha reserva previa.

Todas as actividades, sesións e cursos de formación de Talentia Summit son completamente gratuítos.

Atención! Para que haxa unha repartición equitativa, hai un máximo de 3 reservas en actividades de formación por persoa.

Para este límite contan as prazas en certificacións, cursos online e cursos de formación en directo. Por esta razón, pedímosche que seleccións ben as actividades que che interesan antes de solicitar a túa praza.

Vive a experiencia virtual!

Precisas axuda? Como funciona Talentia Summit ‘22?

Aprende a interactuar na plataforma e como facer reservas nas actividades.

Certificacións oficiais

As certificacións serven para obter unha certificación oficial de coñecementos que xa tes e adquiriches previamente.

Estas actividades non inclúen a formación nin os cursos preparatorios (excepto a certificación de Piloto de drons avanzado). Son probas oficiais que avalían e validan de forma rigorosa os teus coñecementos.

Cursos en directo

Estes cursos realízanse a través dunha aula virtual cunha persoa que imparte a formación para os asistentes en vivo, onde a interacción é posible. Teñen horarios establecidos, indicados na sección do curso, e son presenciais de forma virtual.

Categoría de cursos

Os mellores mentores, expertos en desenvolvemento profesional, están dispoñibles para resolver as túas consultas, axudaranche a enfocarche e impulsar o teu perfil profesional.

Obxectivos da Unidade de Desenvolvemento Profesional:

  • Conectar o talento co mundo empresarial
  • Ofrecer formación para o desenvolvemento profesional
  • Asesorar en materia de empregabilidade e emprendemento
  • Fomentar o networking

Categorías de expertos:

  • Administración e xestión de empresas
  • Comercio e loxística
  • Comunicación e servizos
  • Consultoría e prestación de servizos
  • Hostalería e turismo
  • Industria 4.0
  • Novas tecnoloxías
  • Orientación laboral

As sesións cos expertos están orientadas a resolver dúbidas ou inquietudes a nivel profesional.

Sentes pouco compromiso co teu emprego actual?

Como poderías orientar o teu perfil para sacar máis partido ao teu talento?

Sabes recoñecer as túas principais virtudes á hora de traballar?

Precisas que alguén te orientara nesas tarefas?

Cursos Online

Fórmate como e cando queiras

Os cursos online realízanse a través dunha plataforma, sen horarios marcados. Podes facelos no teu tempo libre, ao teu ritmo, a condición de que os completes no tempo máximo establecido.

Todos os cursos online xa están completos. Prazas esgotadas.

Revisa o resto de seccións.

Play Video
Play Video
Play Video
Play Video
Play Video
Play Video
Play Video
Play Video