“Para as empresas, o impacto ou pegada na sociedade é un obxectivo igual de elevado que obter beneficios”.

Gracias a proxectos e iniciativas como Great Place to Work, podemos coñecer dunha forma analítica e monitorizada, as condicións de traballo e as opinións dos empregados das empresas de todo o mundo sobre o ambiente laboral das mesmas. O noso convidado de hoxe na entrevista de Talentia Summit é Jaime De Nardiz, Director de Transformación Cultural e Ranking de Great Place to Work, Asesor e Consultor de Cambio Cultural e de Employer Branding.

Talentia Summit.- Jaime, grazas polo teu tempo e atención e por suposto, contar coa súa presenza en Talentia Summit 2019. A primeira pregunta

Que cambios máis representativos observaches nas empresas nestes últimos cinco años en Great Place to work?

Jaime de Nardiz.- Grazas por estar con vós, é un verdadeiro pracer. O cambio máis importante que percibiu nas compañías máis avanzadas foi a búsqueda dun propósito. É dicir, as compañías seguen mantendo o obxectivo de xerar beneficios pero xa non aceptan facelo de calquera forma… o seu impacto ou pegada na sociedade é un obxectivo igual de elevado que obter beneficios. Adicionalmente, xa non buscan contar tanto os beneficios ou prácticas que te ofrecen como empregador, senón que se enfocan en contar cal será a túa experiencia (baseándoa nos empregados presentes) e no fin que perseguen como empresa.

Con compañías avanzadas refírome ás compañías que conseguiron maximizar o potencial humano e manter unha tensión importante na obtención de resultados de negocio.

¿Cómo foi comezar a traballar en Great Place to Work?

Jaime de Nardiz.- Como empregado? Apaixoante, pensa que a nosa organización persegue que a sociedade sexa mellor grazas á mellora das Culturas de Empresa.

A parte difícil é cando estás nun Comité de Dirección e apostas posicionándote en poñer no centro da estratexia ó empregado. Claro, esto é fácil cando todo vai bien, as ventas van ben, hai certa eficiencia, as cosas “flúen”… porén, costa convencer a un conselleiro ou conselleira delegada de que impulse unha estratexia centrada en persoas. Neste sentido, o coñecer casos de éxito e poder dar referencias concretas de compañías que o fixeron enriqueceume, permitíndome inspirar ós incrédulos en apostar polo talento.

Por último, diría que é un reto, as partidas importantes as ganas entendendo o modelo de negocio e como opera a empresa. Aí debes averiguar onde falla e que propones. Se dominas ese coñecemento e sabes de cultura organizacional, tes o suficiente para transformar segundo a que persoas.

Que variables analízanse á hora de realizar o ranking de empresas de Great Place to Work?

Jaime de Nardiz.- Principalmente temos en conta 2 fontes de información: a primeira e máis importante é a opinión dos empregados. Facémosllas a todos os empregados o cuestionario Trust Index© que permite avaliar o nivel de confianza na relación cos superiores, compañeiros e o propio traballo. Por outra parte, utilizamos unha segunda fonte de información que é unha memoria da cultura, pedímoslles ás empresas que nos conten as iniciativas, políticas ou prácticas que levan a cabo en relación coa xestión de persoas.

Tras ese diagnóstico e no caso de que obteñas uns requirimentos mínimos, compites por entrar no ranking das mellores empresas. O requirimento máis importante é que ó menos 7 de cada 10 empregados afirmen que es un Excelente Lugar para Traballar.

Que factores consideras fundamentais para recoñecer o talento?

Jaime Nardiz.- Na miña experiencia observando xestores de persoas, son aqueles capaces de admirar o talento e ver o potencial os que realmente recoñecen e fan posible expresar o talento. Os empregados, como calquera persoa, teñen medos e expectativas que inflúen nos seus comportamientos e por tanto no seu desempeño.

Os managers que confían na mellor expresión dos seus equipos son os que a reciben a cambio. Son contados os casos nos que, sen a confianza do seu manager, desempeñar dunha forma extraordinaria. A confianza se traduce en coidar e en exisir ás persoas.

Que ideas lle poderíamos ofrecer ás empresas para mellorar a calidade de condicións dos seus traballadores e de ser un GPTW?

Jaime de Nardiz.- A mellor idea que lles podemos ofrecer é que coidar ós empregados é unha estratexia empresarial sólida no medio-longo plazo.

Sendo máis específico, hai que ter 3 cousas en conta para comezar co obxectivo de ser un Great Place to Work®.

  • A primeira é: diagnostica e avalía o nivel de confianza presente;
  • A segunda é: eleva a cantidade de iniciativas relacionadas coa xestión de persoas
  • E a terceira é: inspira ós teus empregados cara un propósito de empresa.

Os empregados son un factor clave para realizar o ranking Great Place to Work. Que características teñen os empregados (a grandes riscos) das empresas que están máis alto no ranking?

Jaime de Nardiz.- Sinten que poden ser eles mesmos e grazas a elo dan o mellor que teñen para superar os obxectivos das súas compañías.

Como ves o futuro das compañías cos procesos de transformación digital? Cales son os seguintes pasos?

Jaime de Nardiz.- Permíteme parafrasear as palabras dun conselleiro delegado dunha empresa do Ibex, “el dinero hoy no es diferencial y la tecnología se compra, la ventaja competitiva está en tener un equipo humano comprometido”. Neste sentido, a transformación dunha compañía en dixital pode non ter sentido se non construiches un entorno de confianza antes. Por outra parte, tarde ou cedo teremos que falar dunha carta relación, a relación das persoas coa tecnoloxía.

“El dinero hoy no es diferencial y la tecnología se compra, la ventaja competitiva está en tener un equipo humano comprometido”

Dende Talentia Summit, adquirimos un compromiso coa Axenda 2030 das Nacións Unidas e os seus ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable). Que accións podemos levar a cabo desde as empresas para camiñar cara o cumprimento dos ODS?

Jaime de Nardiz.- O primeiro parabéns. Nós estamos moi anclados no oitavo obxectivo, traballo decente e crecemento económico. Como viches é o noso mantra. Animaríavos a seguir inspirando… xa que a maneira máis fácil que vemos de cambiar a outros é contándolles historias de éxito. Sempre vos dirán que eles non poden, que non hai recursos… pero a vosa perseverancia é a vosa mellor aliada.