Viaqua é unha empresa do sector do medioambiente que xestiona todos os procesos relacionados co ciclo integral da auga. Cunha longa presenza en Galicia, máis de 50 anos, somos coñecedores das particularidades da auga no noso territorio estando presentes en 48 municipios das catro provincias e satisfacendo as necesidades de máis de 765.000 galegos e galegas.
Convencidos de que que a saúde do planeta está estreitamente vinculada coa saúde das persoas, formulamos a nosa estratexia prestando moita atención á nosa relación co medioambiente, a contorna social e laboral. Por iso, defendemos unha ocupación de calidade que favoreza a igualdade de oportunidades, a accesibilidade e a inclusión, ademais da dixitalización e o desenvolvemento do talento.