Somos un equipo dinámico, comprometido, esixente, creativo, multidisciplinar e multicultural.
Crece connosco e descobre até onde podes chegar; o teu crecemento é a nosa mellor recompensa. Únete a nós!
Tendam (anteriormente Grupo Cortefiel) somos unha das principais compañías europeas do sector moda no segmento das cadeas especializadas. Fundados en Madrid en 1880, estamos presentes en noventa países con 2.154 puntos de venda.