SH360 somos unha consultora que ofrece servizos integrais de xestión hostaleira, poñendo ao dispor dos nosos clientes a experiencia adquirida en base a unha nova forma de entender a hostalaría, e posicionándoos para que poidan competir con éxito a través da transformación dixital.
Acudimos por primeira vez a Talentia Summit esperando atopar profesionais comprometidos e interesados en formar parte deste proxecto e que poidan contribuír ao crecemento da empresa.