Ofrecemos solucións tecnolóxicas para a protección de persoas e bens, tanto no ámbito da protección contra incendios como da prevención e detección da intrusión. Apostamos pola calidade dos nosos servizos e incorporamos a innovación a todos os nosos procesos, o que nos converte nunha empresa punteira no sector da seguridade en Galicia.
Desde hai 5 anos abordamos un proceso de expansión nacional no que estamos inmersos a día de hoxe, contando cunha nova delegación en Madrid e cun crecente número de usuarios por todo o territorio nacional.
A nosa paixón pola tecnoloxía levounos nos últimos anos a abordar proxectos innovadores como a aplicación da intelixencia artificial ao ámbito da seguridade, tanto das persoas como da sociedade a través das Smart Cities, ou a aplicación de visión artificial para o control de calidade de procesos industriais ou na industria alimentaria.
Acudimos a Talentia Summit na procura de persoas apaixonadas pola tecnoloxía, con espírito de equipo e con ganas de desenvolver a súa carreira profesional dentro da nosa organización.