Somos unha compañía do sector IT especializada na prestación de servizos de alto valor engadido no ámbito das telecomunicacións, o desenvolvemento de aplicacións, os sistemas de información e a provisión de infraestrutura informática.
Crecemos nestes vinte anos deseñando, implantando e mantendo produtos e servizos de forma áxil e personalizada. Acompañamos os nosos clientes con solucións a medida e proposta de valor. Esa é a nosa vocación.
“Plexology” é a nosa filosofía de traballo, a nosa linguaxe e a nosa forma de compartir vivencias profesionais e persoais para facer desta compañía unha gran familia.