Subministración de accesorios e fabricación de solucións para carpintería de Aluminio, PVC e madeira.
Solucións innovadoras para a Arquitectura e a Industria: panel composite, panel sándwich e panel a medida.
LEMA é unha empresa que mira cara ao futuro apoiándose na experiencia. Nacemos en 1976 e desde o primeiro día, buscamos sempre a innovación e a expansión nos nosos servizos, por iso, o noso maior compromiso é ofrecer tecnoloxía, calidade e profesionalidade a través deles.
Levamos a cabo todo tipo de proxectos, iniciando ou analizando cada deseño na Oficina Técnica, onde se realizan os planos e despezamentos. A partir de aquí, pásase o pedido aos nosos almacéns ou se crean as ordes de produción que se executarán nas liñas de fabricación correspondentes, utilizando a tecnoloxía máis punteira nunha gran variedade de materiais. Realizamos corte, encartado, punzonado, curvado, mecanizado, foliado, canteado… de todo tipo de chapas e materiais. A calidade que ofrecemos nos nosos produtos e servizos está certificada por AENOR e IQNET.
Tanto no noso Departamento Comercial como na Oficina Técnica, contamos cun equipo humano altamente cualificado que traballa cos maiores estándares de calidade.
Esiximos a máxima calidade para alcanzar a satisfacción do cliente. Profesionalidade, Experiencia e Tecnoloxía