NSTRA Enxeñeiros é unha empresa de servizos de Arquitectura, Enxeñería e Consultoría desde 1996, con sedes na Coruña, Barcelona, Madrid, China e México.
Estamos especializados nos sectores industrial, distribución e loxístico, enerxético e retail, contando no seu persoal con máis de 150 arquitectos e enxeñeiros con ampla experiencia en cada unha das súas especialidades.
Desenvolvemos proxectos nos cinco continentes, Europa, Asia, África, Oceanía e América para as principais empresas de cada sector, achegando valor desde o coñecemento, a experiencia, a capacidade técnica e un firme compromiso cos nosos clientes