Insere é a entidade de Fundación Once especializada na prestación de servizos de intermediación laboral, captación e desenvolvemento de talento con discapacidade e xestión do emprego, co obxectivo de lograr a inserción laboral das persoas con discapacidade.
Formamos parte do Grupo Social Once a quen, neste evento, tamén representamos (empresas de loxística, lavandería, servizos e consultoría).
A nosa presenza en Talentia Summit ten como obxectivo captar talento de persoas con calquera tipo de discapacidade, interesadas en traballar en empresas do Grupo Social Once ou en empresas externas ás que prestamos servizos de consultoría.