Inforhouse é unha empresa con máis de 30 anos de experiencia no sector TI. Fundada en 1.988, experimentou un crecemento sostido ao longo destes anos ata chegar a ser unha das primeiras empresas do sector TI en Galicia, e con 100% capital galego.
A nosa misión, é ofrecer solucións globais TI aos nosos clientes que acheguen valor nos seus procesos de negocio e actividade, e para iso, conformamos unha carteira de solucións, flexible, personalizable para cada cliente e nun marco de xestión, baixo estándares de calidade e metodoloxías específicas.
En Inforhouse apostamos polo noso equipo de persoas, o noso maior activo. Os perfís cos que contamos, son persoas especializadas nas áreas de Software, SAT/Sistemas, Comercial, Marketing e Administración.
Cuestións como a formación continua, fundamental para a actualización de coñecementos para a oferta de solucións TI novas, e a nosa política interna de conciliación da vida familiar e laboral, son claves para favorecer a devandita estabilidade.
En total, un equipo humano de case 100 persoas, centrado en colaborar cos nosos clientes na consecución dos seus obxectivos de negocio.