Gadisa é unha sociedade anónima cuxa actividade principal é a distribución por xunto e en supermercados. Con capital 100% nacional, está composta por sete liñas de negocio.
Ademais, somos líderes de distribución no noroeste de España por facturación e chegamos ao consumidor a través dunha rede de 379 establecementos de venda de produtos frescos e envasados das mellores marcas.
Traballamos baixo unha filosofía de proximidade, honestidade e vocación de servizo, para satisfacer mellor as necesidades dos clientes ofrecéndolles un servizo profesionalizado e a mellor relación calidade-prezo.