Finsa foi pioneira na fabricación de taboleiros de madeira aglomerada e MDF na península ibérica. En 1931 inicia a actividade industrial nun serradoiro en Portanxil (Ames).
Desde os nosos comezos fomos conscientes da responsabilidade que adquiriamos ao contar coa madeira como elemento base para transformar e desenvolver solucións. Aprendemos dela e incorporamos á nosa organización moitas da súa virtudes: a súa versatilidade, a súa solidez, a súa proximidade emocional ás persoas, o confort e a calidez que achegaba á sociedade.
Traballar en Finsa supón superar retos, en equipo e nunha contorna dinámica e cambiante.