A nosa misión é o deseño, a construción e a xestión de infraestruturas hidráulicas públicas e privadas, actividades que contribuirán á consecución da sustentabilidade do medio ambiente, así como a unha notable mellora da calidade de vida das persoas.
Queremos crecer manténdonos como empresa de referencia e destacando polo traballo ben feito en todos os ámbitos da nosa actividade, para o que seguiremos baseando o núcleo da nosa actuación na calidade, a preparación, a experiencia, o espírito de superación, a confianza e a implicación do noso persoal.
Os nosos valores son a proximidade, nunha contorna dominada por multinacionais. O desenvolvemento persoal e profesional dos que formamos parte da organización é un valor fundamental para o éxito presente e futuro. O compromiso co medio ambiente. A mellora continua e a implantación de tecnoloxía punta. E o fomento da credibilidade e a confianza dos nosos clientes.