Benvido ao stand de

COGAMI

Entidade sen ánimo de lucro

COGAMI, a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade, somos unha entidade sen ánimo de lucro, declarada de utilidade pública e constituída por máis de 50 asociacións de persoas con discapacidade física e orgánica. Prestamos servizos a persoas con discapacidade e xestionamos directamente 11 iniciativas empresariais de economía social que empregan a máis de 1.000 persoas.
De todas as entidades que conforman COGAMI, 15 son membro directo, das que 4 son federacións provinciais, 1 son entidades autonómicas e 10 asociacións son comarcais. Á súa vez, as catro federacións están integradas por outras asociacións, ata chegar a formar un movemento asociativo integrado por 55 entidades.

A nivel autonómico, COGAMI é unha das fundadoras do Comité de Entidades Representantes de Persoas con Discapacidade de Galicia (CERMI Galicia) e tamén da Rede Galega contra a Pobreza (EAPN-Galicia). A nivel estatal, forma parte de COCEMFE (Confederación Coordinadora Estatal de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica de España).

A Misión de COGAMI é conseguir a plena inclusión das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade, a través da defensa e promoción dos seus dereitos, da reivindicación do cambio social, da potenciación do asociacionismo e da prestación de servizos que satisfagan as súas necesidades e expectativas.

A Visión é a dun movemento asociativo consolidado e amplamente recoñecido pola sociedade en xeral, polos seus valores e liderado na procura de novas metodoloxías de traballo coas persoas con discapacidade e na prestación de servizos de excelencia dirixidos ás mesmas.

Video da empresa

Play Video

Sobre nós

Jorge Pueyo
Técnico Recursos Humanos

Reserva a túa cita

Loading...
Play Video
Play Video
Play Video
Play Video
Play Video
Play Video
Play Video
Play Video