Carrefour ten a ambición de liderar a “transición alimentaria” para dar resposta ás novas demandas dun consumidor que quere produtos máis sans e unha alimentación de máis calidade, sostible e respectuosa co medio ambiente. E sempre a prezos alcanzables. A nosa proposta comercial multimarca permite aos clientes elixir entre unha ampla variedade de marcas internacionais, nacionais, rexionais e locais.
Situamos ao cliente no centro das nosas decisións, por iso transformámonos para construír un universo omnicanal e establecemos unha alianza estratéxica con Google que nos permite acelerar a dixitalización da compañía.
En España, contamos con máis de 1.000 tendas, 147 estacións de servizo, 724 axencias de viaxes e o noso portal de comercio electrónico www.carrefour.es. Cun persoal de máis de 40.000 persoas.
Os nosos compromisos na xestión do talento son o emprego sostible, a formación continua dos nosos colaboradores, o desenvolvemento profesional e a promoción interna.